Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Aula Verde | Burgo das Nacións: PONNOS VERDE!

17/01/2018

PONNOS VERDE!

Burguesas e burgueses, POÑÁMONOS VERDES!

Espero que os exames estean indo como deben, e como todo estudo debe ir seguido dun bo descanso, propóñovos unha actividade para axudar a facer deste un mundo mellor e, de paso, vos separar un pouco dos libros e apuntamentos.



A Fundación USC Deportiva, a través da súa área de medio natural vinculada á actividade física saudable, desenvolve o programa “PLANTA UNHA ÁRBORE NO BOSQUE DE GALICIA”, unha zona verde en que facer exercicio de maneira regular ou cuxos sendeiros percorrer camiñando nas tardes de descanso.

Tedes até o 24 de marzo de 2018 para colaborar simbolicamente na plantación deste Bosque de Galicia da man deste fantástico programa. As persoas participantes levarán unha fotografía e un certificado de participación gratuitamente. Para máis información, clicade neste enlace:


ANIMÁDEVOS, QUE É GRATIS!