Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Aula Verde | Burgo das Nacións: EL VALOR DE LOS DERECHOS HUMANOS EN EL CAMINO DE SANTIAGO

17/12/2017

EL VALOR DE LOS DERECHOS HUMANOS EN EL CAMINO DE SANTIAGO



BOAS NOTICIAS PARA XS AVENTUREIRXS!

Dende o grupo Compostela da universidade solicitan 5 estudantes con bo nivel de inglés para participar no I Foro Internacional Universitario “El Valor de los Derechos Humanos en el Camino de Santiago” (Compostela, marzo 2018), actividade académica organizada en colaboración coa asociación Helsinki España-HE e a Organización Mundial de Turismo na que participarán 125 estudantes de 25 Universidades de todo o mundo, entre elas a USC.



Os requisitos son os seguintes:

a. Número máximo de estudantes a seleccionar: 5
b. Os estudantes deben estar a cursar un grado (menores de 25 anos)
c. Deben ter coñecementos de inglés falado e escrito
d. Deben ter boas aptitudes físicas e humanas para completar o Camiño de Santiago (100 km/5 días)
e. Recoméndase que proveñan de distintas disciplinas para un maior enriquecemento persoal e grupal

A participación do Foro está recoñecida pola USC con 2 ECTS. A matrícula del curso es gratuíta e la organización correrá con los gastos de transporte desde Compostela ao punto de saída do Camiño de Santiago así como de aloxamento e 2 comidas por día durante a realización da actividade, comida durante el Congreso final, e tamén cubrirá co correspondente seguro de responsabilidade civil.

Se alguén estiver interesado que contacte comigo enviando un correo electrónico a aulaverde@burgodasnacións.com

Para máis información podedes conslutar este enlace:

Un saúdo a todxs!

José Cousillas
Bolseiro de Sociocultura - Voluntariado e Sostibilidade