Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Aula Verde | Burgo das Nacións: Plan de desenvolvemento sostible da USC

04/02/2012

Plan de desenvolvemento sostible da USC


As universidades son o espazo natural do coñecemento, a investigación e a docencia e, por tanto, instrumento de desenvolvemento intelectual e de promoción da liberdade de pensamento. Este papel implica unha responsabilidade social que abarca a responsabilidade co desenvolvemento sostible e, nese marco, co medio ambiente.

A USC consciente da necesidade de incorporar a tica da sostibilidade e medioambiental a toda a sa actividade decidiu asumir a responsabilidade de producir formación, ciencia e tecnoloxa baixo criterios de sostibilidade, fomentando en todos os membros da comunidade universitaria, o sentido da responsabilidade pola conservación e mellora do medio ambiente.

Para que estas propostas non queden estancadas en principios xenéricos e teóricos, a USC elaborou o PLAN DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE como ferramenta de xestión que, alén de explicitar o compromiso da USC cun desenvolvemento deste tipo, permite optimizar os recursos dispoñibles e chegar globalmente a outras institucións e sociedade en xeral.