Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Aula Verde | Burgo das Nacións

09/06/2015

Xornadas: Conservación e xestión de humidais

Aquí vos deixamos información sobre as xornadas do 10 e 11 xuño, de matrícula gratuíta, que celebra no Campus Vida o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader)

25/05/2015

Composteiro


A bolseira SPIU (Aula Verde) do Burgo lémbranos que o horto da residencia continúa precisando a nosa colaboración, para que entre tod@s axudemos a ir enchendo o composteiro do horto, situado baixo a árbore, de tódolos restos vexetais que diariamente producimos nas nosas cociñas.  Temos aquí unha guía de máis cousas que si se poden introducir no composteiro e das que non se deben botar nel.  GRAZAS A TOD@S POLA VOSA AXUDA!

06/05/2015

Reunión Informativa - Os preparados fitosanitarios ecolóxicos

  
Os preparados fitosanitarios ecolóxicos: pragas e enfermidades.


Mañá, día 7 de maio, celébrase unha sesión formativa sobre os preparados fitosanitarios ecolóxicos, pertencente á iniciativa dos Hortos Urbanos da USC ás 18 h. no Salón de actos do Colexio Maior Fonseca. É, por agora, a última das sesións formativas que se veñen celebrando dende marzo a través da iniciativa dos Hortos Urbanos.

Tedes mais información sobre o asunto no seguinte enlace:
 http://www.usc.es/plands/seccions/datos_plan/eixe3/linas_actuacion/hortos2015/hortos2015.htm 

Animádevos a acudir :)



06/02/2012

Consumo responsable

ESTABLECEMENTOS DE CONSUMO RESPONSABLE EN SANTIAGO E LUGO
(Clica enriba da imaxe para descargar)
MAPA DAS TENDAS DE CONSUMO RESPONSABLE
(Clica enriba da imaxe para descargar)
A PEGADA ECOLÓXICA NA ALIMENTACIÓN
(Clica enriba da imaxe para descargar)
COCIÑA CON CABEZA
(Clica enriba da imaxe para descargar)

04/02/2012

Colectores de reciclaxe

COLECTOR DE PAPEL E CARTÓN

Localización: Na metade dos corredores longos e ao lado do elevador da fase A


COLECTOR INDIVIDUAL DE PAPEL E CARTÓN

Localización: Nas habitacións

 COLECTOR DE PILAS

Localización: No espazo de Aula Verde, 1º planta fase A

COLECTOR DE ACEITE USADO

Localización: En todas as cociñas

COLECTOR DE TÓNER E TINTA

Localización: Na Sala de Informática


COLECTOR DE CD/DVD

Localización: Na Sala de Informática.

COLECTOR DE DISQUETES

Localización: Na Sala de Informática

COLECTOR DE MÓBILES

Localización: No espazo de Aula Verde, 1º planta fase A

Plan de desenvolvemento sostible da USC


As universidades son o espazo natural do coñecemento, a investigación e a docencia e, por tanto, instrumento de desenvolvemento intelectual e de promoción da liberdade de pensamento. Este papel implica unha responsabilidade social que abarca a responsabilidade co desenvolvemento sostible e, nese marco, co medio ambiente.

A USC consciente da necesidade de incorporar a tica da sostibilidade e medioambiental a toda a sa actividade decidiu asumir a responsabilidade de producir formación, ciencia e tecnoloxa baixo criterios de sostibilidade, fomentando en todos os membros da comunidade universitaria, o sentido da responsabilidade pola conservación e mellora do medio ambiente.

Para que estas propostas non queden estancadas en principios xenéricos e teóricos, a USC elaborou o PLAN DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE como ferramenta de xestión que, alén de explicitar o compromiso da USC cun desenvolvemento deste tipo, permite optimizar os recursos dispoñibles e chegar globalmente a outras institucións e sociedade en xeral.